Blogia
GRUPO 20062007

SOLICITADO GRUPO DE TRABALLO SOBRE BLOGS

SOLICITADO GRUPO DE TRABALLO SOBRE BLOGS
O blog como ferramenta didáctica nas ensinanzas de Formación Profesional e Programa de Garantía Social.

A necesidade de formarse e aprender sobre as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) é un dos retos importantes para o profesorado. En especial, o coñecemento informado de internet e as súas potencialidades educativas. Neste sentido, as actuais propostas que presenta a chamada "Web 2.0" (--TORRE, A. (2006) “Web Educativa 2.0 ”. En Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, Nº 20 (Xaneiro 2006) son unha plataforma moi axeitada para potencia-lo uso das novas tecnoloxías e o protagonismo dixital de profesores/as e alumnos/as.

0 comentarios