Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2006.

27/10/2006

SOLICITADO GRUPO DE TRABALLO SOBRE INTERNET NA AULA

20061028140749-oci20062007a.jpg
Internet como recurso pedagóxico na aula: algunhas aplicacións de interese educativo. (Educación de Adultos e Bacharelato).
Un dos retos importantes para o profesorado é a necesidade de formarse e aprender sobre as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), e, en particular, de aprender e formarse no uso intelixente -informado- de internet como ferramenta pedagóxica.

Aprender de maneira colaborativa sobre internet e as súas potencialidades no ámbito educativo constitúe, polo tanto, unha necesidade formativa do profesorado. É necesario que os profesores/as reflexionen e valoren de maneira crítica as aportacións da cultura dixital.
27/10/2006 06:15 Autor: GRUPO DE TRABALLO. Enlace permanente. Tema: INTERNET NA AULA No hay comentarios. Comentar.

SOLICITADO GRUPO DE TRABALLO SOBRE BLOGS

20061028140659-oci20062007a.jpg
O blog como ferramenta didáctica nas ensinanzas de Formación Profesional e Programa de Garantía Social.

A necesidade de formarse e aprender sobre as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) é un dos retos importantes para o profesorado. En especial, o coñecemento informado de internet e as súas potencialidades educativas. Neste sentido, as actuais propostas que presenta a chamada "Web 2.0" (--TORRE, A. (2006) “Web Educativa 2.0 ”. En Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, Nº 20 (Xaneiro 2006) son unha plataforma moi axeitada para potencia-lo uso das novas tecnoloxías e o protagonismo dixital de profesores/as e alumnos/as.
27/10/2006 06:20 Autor: GRUPO DE TRABALLO. Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]